Saltar ao contido

Casa do Maior de Toques

centro de atención diúrna para persoas maiores

Manos de dúas persoas

O Lar de Toques

Lar de Toques é unha Casa do Maior, gratuita, subvencionada pola Xunta de Galicia con fondos europeos e co apoio do Concello de Toques.

O Lar de Toques é un centro de atención diúrna para persoas maiores de 60 anos sen grao de dependecia ou con grao I de dependencia.

Pretendemos ser unha extensión do fogar de cada un dos nosos usuarios, onde se atopen cómodos, participativos e libres. Ten unha capacidade para 5 usuarios e isto facilita o trato familiar e o tratamento personalizado.

Quéres saber máis sobre nós?

Prazas

O Lar de Toques conta con 5 prazas gratuitas. Os requisitos de acceso para poder vir á Casa do Maior son:

  • Ter cumplidos os 60 anos.
  • Poden solicitar a praza persoas sin recoñecemento de dependencia.
  • As prazas están pensadas para que acodan persoas sen grao de dependencia e persoas con recoñecemento de Grao I de dependencia.
  • Estar empadroados en Toques ou en Concellos limítrofes que non teñan servizo de Centro de día.
Infórmate sobre como conseguir praza
Felices 02

Instalacións

O LAR DE TOQUES está situado en Lg /Pontequeimadas a nº 22 das Casas adosadas. A entrada principal está pola parte de atrás, sendo accesible para persoas con mobilidade reducida, mediante rampla de acceso.

Servizos

Dende o Lar de Toques ofértanse unha serie de servizos, todos eles personalizados, tanto individuáis como grupais.
Os obxectivo principal é manter un nivel de ocupación óptimo e funcional.

Coidados básicos

Actividades Individuais

Servizo de comedor

Actividades grupais

Servizo de desprazamento

Contacta con nós

Podes visitarnos en LG/Pontequeimadas nº 22 (15806) Toques – A Coruña, no teléfono 617 775 266 ou tamén podes contactar a través do seguinte formulario. Responderemoste á maior brevidade posible.

    Banner Xunta
    Casa do Maior de Toques ©2023 – Diseño y desarrollo: Softic | Grupo Isonor
    Skip to content