Saltar ao contido

Casa do Maior de Toques

centro de atención diúrna para persoas maiores

Portada » Actualidade » A Xunta destaca o papel dos centros de día na estimulación e no mantemento dun ritmo de vida activo das persoas maiores e con discapacidade

A Xunta destaca o papel dos centros de día na estimulación e no mantemento dun ritmo de vida activo das persoas maiores e con discapacidade

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, mantivo esta semana unha reunión con representantes da Asociación de Centros de Día de Galicia (ACDGAL) onde destacou o papel destas instalacións na estimulación cognitiva das persoas maiores e con discapacidade ao permitirlles manter un ritmo de vida activo.

Lembrou que este servizo permite que as persoas usuarias poidan seguir vivindo nas súas casas e no seu lugar de sempre ao tempo que reciben coidados, socializan e son atendidas.

González Abeijón fixo fincapé en que o Goberno galego traballa para que as persoas maiores e con discapacidade conten ao seu carón con todo tipo de servizos para decidir de forma libre como e onde desenvolver o seu proxecto de vida. Neste sentido, subliñou que nesta toma de decisións as persoas deben contar con centros de día nas súas proximidades e lembrou que a Xunta multiplicou por catro o número de prazas públicas en centros de día desde o ano 2009 ata chegar ás preto de 4.000 en toda a Comunidade

Banner Xunta
Casa do Maior de Toques ©2023 – Diseño y desarrollo: Softic | Grupo Isonor
Skip to content