Saltar ao contido

Quén somos?

Lar de Toques é unha Casa do Maior, gratuita, subvencionada pola Xunta de Galicia con fondos europeos e co apoio do Concello de Toques

Lar de Toques é unha Casa do Maior gratuita, subvencionada pola Xunta de Galicia con fondos europeos e co apoio do Concello de Toques. O Lar de Toques é un centro de atención diúrna para persoas maiores de 60 anos sen grao de dependencia ou con grao I de dependencia.

A nosa máxima é que as persoas son autónomas nas súas decisións tanto fóra como dentro do Lar de Toques, e dende a Casa do Maior, imos fomentar dita independencia. Entendendo como autonomía a toma de decisións, autonomía física, psicolóxica e funcional.

Lar de Toques é unha Casa do Maior gratuita

Pretendemos ser unha extensión do fogar de cada un dos nosos usuarios, onde se atopen cómodos, participativos e libres. A Casa do Maior ten unha capacidade para 5 usuarios, o que facilita o trato familiar e a prestación dun servizo personalizado.

PRAZAS

O Lar de Toques conta con 5 prazas gratuitas. Os requisitos de acceso para poder vir á Casa do Maior son:

  • Ter cumplidos os 60 anos.
  • Poden solicitar a praza persoas sin recoñecemento de dependencia.
  • As prazas están pensada para que acodan persoas sen grao de dependencia e persoas con recoñecemento de Grao I de dependencia.
  • Estar empadroados en Toques ou en Concellos limítrofes que non teñan servizo de Centro de día.

Para solicitar a praza pódese facer contactando con:

  • Servizos sociais do Concello de Toques: 981505826
  • Promotora da Casa do Maior : Yolanda 617775266
Logos Xunta Toques
Casa do Maior de Toques ©2023 – Deseño e desenvolvemento: Softic | Grupo Isonor

Skip to content